Kayak Surfski

Descubre a Ría de Arousa e os seus Illotes a bordo dun Surfski.

Leccións para aprender a usar o Surfski Kayak.

Para todos os niveis.

Un surf distinto, surfearemos a oleaxe lonxe da costa, aprendendo a ler o mar para poder escoller o mellor camiño e saber cómo actuar.

A modalidades de SURFSKI faise en piraguas especializadas, e disponemos do modelo mais estable e mellor do mercado, Nelo 510.

Todas as saídas Inclúen: Piragua Nelo 510, pala regulable con pértiga de carbono, chaleco salvavidas, silbato, monitor especialista, seguro RC e de accidentes.

Quenes somos?

Somos unha empresa de aventura situada na Illa da Arousa. Ofrecemos curso de Kayak de Mar e Surfski así como saídas para todolos niveles. Desde un paseo polos míticos Illotes da Ría para xente que está comenzando neste mundo, como auténticas aventuras como visitas as Illas de Sálvora, Ons e Cíes en kayak, pensadas para esa xente que xa sabe o que é remar.